Tres veces flor

Tres veces flor é unha serie de fotografía de produto realizada como exercicio persoal, na que se traballa arredor de tres tulipáns vermellos como elemento central. O obxectivo foi captar a beleza e identidade do produto floral cunha mirada limpa, equilibrada e emocional.

As flores proceden da Floristería Picris (Sanxenxo), colaboradora nesta pequena mostra, que serviu como exemplo do tipo de contido visual que pode aplicarse a negocios como floristerías, marcas de decoración ou tendas de produto natural.

Scroll al inicio