Letras Galegas 2026

O deseño do cartel e do vídeo para o Día das Letras Galegas é un proxecto persoal que realizo cada ano de xeito voluntario, motivada exclusivamente polo pracer creativo e a homenaxe á nosa cultura. Nesta edición, a homenaxe rendeu tributo a Begoña Caamaño, unha escritora feminista que dedicou a súa obra a dar voz a aquelas mulleres que non a tiveron.

A peza gráfica e o vídeo desenvólvense ao redor dunha das súas citas: «É tempo do feminismo, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e por que non? Da felicidade». O meu obxectivo foi converter estas palabras nunha narrativa visual que rende tributo ao seu legado e á vixencia da súa mensaxe.

Scroll al inicio