Tradición, cor e identidade

En Ailae  creo firmemente que a identidade visual é a ferramenta máis potente para manter viva a nosa historia. Por iso, presento o inicio dunha nova colección centrada na tradición galega: unha homenaxe vibrante e contemporánea a eses símbolos que nos definen.

Esta serie nace co obxectivo de levar a forza da nosa cultura desde a súa orixe ata as paredes do teu fogar, fusionando o deseño moderno cun respecto profundo polas miñas raíces.

Para comezar esta viaxe pola nosa tradición, decidín centrarme na maxia e na forza visual do Entroido. Estas tres primeiras láminas son unha interpretación persoal de tres figuras que son puro símbolo:

  • O Peliqueiro (Laza)
  • O Boteiro (Viana do Bolo)
  • A Pantalla (Xinzo de Limia)

Onde podes atopalas? Actualmente estas láminas poderedes atopalas nestes espazos:

  • A Casa das Formigas (Cambados)
  • Amo Galicia (Pontevedra)
  • Moslo (Santiago de Compostela)
Scroll al inicio