Invitacións de Marga e Dino



- Invitacións de Marga e Dino
- 2026
- Deseño gráfico para vodas
Deseñar as miñas primeiras invitacións no estudio implicou o bonito reto de plasmar unha historia de amor única de xeito visual. Para o sacramento de Marga e Dino, o obxectivo foi crear unha papelería totalmente personalizada que fuxise do xenérico e reflectise a esencia da parella cun toque divertido e moi seu.
Como Dino é condutor de autobús, a ilustración personalizada converteuse no elemento central do deseño, representando aos noivos a bordo dun bus. O resultado é unha invitación única, cercana e con moita personalidade que demostra como o deseño gráfico pode transformar unha profesión e unha historia real no mellor elemento de benvida para os invitados.









