Gala de premios VigoEmprende 2025



- Gala Vigo Emprende
- 2025
- Vídeo e motion graphics
O programa Vigo Emprende, impulsado polo Concello de Vigo, é un referente no apoio e formación para os novos emprendedores da cidade. Para a súa gala anual de premios de 2025, confiaron en nós para realizar o vídeo de presentación que abriría o evento e resumiría os fitos do ano.
O principal desafío deste proxecto foi a limitación de arquivo visual, contando apenas cunhas poucas fotografías e vídeos de recurso. Para solucionar isto e dotar á peza do dinamismo que require un evento destas características, apostamos pola edición creativa e o motion graphics. A través da animación dixital en After Effects, transformamos as estatísticas e os datos do ano en elementos visuais atractivos e con ritmo. O resultado é unha peza dun minuto que, a pesar da escaseza de material orixinal, proxecta unha imaxe moderna, profesional e áxil do ecosistema emprendedor vigués.