Flores frescas 24h

¿Imaxinas poder mercar un ramo de flores frescas a calquera hora do día ou da noite?

A floristería Picris deu un paso revolucionario co lanzamento da súa nova máquina de vending 24 horas, e o meu reto foi deseñar a estratexia visual para dar a coñecer este novo servizo tanto no propio local como en toda a vila.

Para o punto de venda, deseñei o rótulo e os vinilos exteriores co obxectivo de captar a atención dos viandantes e sinalizar de forma clara a dispoñibilidade do servizo día e noite. Esta intervención gráfica completouse co deseño dos mupis informativos situados nas marquesinas do concello, unha campaña de publicidade exterior pensada para explicar de xeito directo e visual o funcionamento desta proposta.

Scroll al inicio