Arde Lucus

Este ano presenteime ao concurso de carteis do Arde Lucus, organizado polo Concello de Lugo. A miña proposta non foi a elixida entre os máis de 80 participantes, pero quero deixala por aquí igualmente a modo de portfolio.

O Arde Lucus é unha festa de recreación histórica que se celebra a fin de semana máis próxima ao solsticio de verán, un momento no que a cidade volve transformarse en Lucus Augusti para conmemorar a súa fundación. A idea do meu deseño partiu de representar esa dualidade entre o mundo castrexo e o romano. A maiores, integrei como elementos clave o solsticio, a muralla e o lume, todo baixo o protagonismo do vermello, que era a cor principal requirida nas bases do concurso.

Scroll al inicio