Alma 12:13

Hoxe quero amosarvos o reto que supuxo crear a identidade visual de Alma 12:13, un coffee bar cunha proposta onde o mimo é o ingrediente principal. O obxectivo dos seus creadores era claro: sentían que Sanxenxo necesitaba un espazo diferente, un lugar que rompese co tradicional para ofrecer esa cultura de café de especialidade, matcha e gastronomía saudable que ata agora só atopabas nun entorno máis urbano.

Para traducir esa estratexia nun deseño de marca, o propio nome converteuse no concepto central. O 12:13 é o símbolo desa pausa necesaria, ese momento exacto do día no que paras o mundo para regalarte calidade. Aínda que as circunstancias me obrigaron a traballar cun ritmo de execución moi alto, tiña claro que o resultado tiña que respirar calma e modernidade.

Para a identidade gráfica, decidín usar unha tipografía handwritten como principal para achegar calidez humana, combinada cunha fonte mono que lle dá un aire máis técnico e contemporáneo. Nas cores, deixei que fosen os propios sabores os que falasen: o marrón chocolate, o verde matcha e o wildberry. Como toque final, creei unha serie de ilustracións imperfectas que lle dan esa alma única e fuxen do excesivamente industrial. O resultado é un espazo de calma que conecta Sanxenxo coa autenticidade e a cultura do café de especialidade.

Scroll al inicio