Amoenda

Cando me puxeron o proxecto de Amoenda diante, sabía que ía ser un gran reto. Atopar un nome que representase a esencia da contorna sen caer no típico non era doado. Os apartamentos sitúanse moi preto da Ruta da Pedra e da Auga tiña claro que a inspiración debía saír de aí.  A moenda é o proceso tradicional de moer o gran, unha homenaxe directa aos muíños que enchen esa paisaxe.

Na parte gráfica, o reto estivo en traducir esa historia a un símbolo contemporáneo. Para o isotipo, procurei recrear o movemento continuo das moas dos muíños ao xirar, por iso a figura non forma un círculo perfecto, senón que amosa unha lixeira desviación que achega dinamismo e personalidade á marca.

Scroll al inicio