Día de Galicia

O deseño para o día de Galicia é un proxecto persoal que desenvolvo cada ano como un espazo de total liberdade creativa. Nesta ocasión, quixen fuxir dos tópicos habituais do 25 de Xullo para levar a celebración cara a un terreo gráfico máis actual e autoral.

A peza centra a súa narrativa nunha moza vestida co traxe de cotio integrada na natureza. O obxectivo foi reinterpretar a nosa tradición desde unha ollada fresca, conectando a identidade, a terra e a orixe sen caer nos clichés de sempre.

Scroll al inicio