Arquitectura de papel



- Arquitectura de papel
- 2025
- Fotografía de produto
Nesta serie de imaxes traballei a fotografía de produto editorial como exercicio persoal, tomando como exemplo algúns dos libros publicados por Gràffica, referentes no mundo do deseño gráfico.
O obxectivo foi explorar composicións limpas, coidado polo detalle e iluminación natural para resaltar texturas, cubertas e identidade visual. Este tipo de fotografía é ideal para produtos editoriais, papelería, packaging ou marcas con moito que contar a través do seu deseño.

