III Serán dos Ghatos



- III Serán dos Ghatos
- 2024
- Identidade visual
O Serán dos Ghatos é un evento anual de música tradicional galega organizado pola agrupación folclórica Os Gatiños de Portonovo. Desde Ailae Estudio colaboramos cada edición co deseño da cartelería oficial e a creación de contido adaptado para redes sociais, co obxectivo de dar visibilidade ao serán e reforzar o seu vínculo coa comunidade. A proposta gráfica de cada ano mantén unha identidade visual coherente, mesturando tradición e frescura, e adaptándose tanto a soportes impresos como dixitais, sen perder a esencia da cultura galega.