25º Aniversario de AGPTI



- 25º Aniversario AGPTI
- 2026
- Identidade corporativa
Deseñar a identidade corporativa dun aniversario institucional implica enfrontarse a un gran reto e a unha grande responsabilidade. Para o 25 aniversario da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), o meu obxectivo foi crear unha imaxe que celebrase a súa traxectoria, respectando sempre o camiño xa percorrido pola institución.
Para conseguir esa perfecta harmonía, decidín que a estratexia máis honesta era manter intactas as cores e o logotipo orixinal, sen aplicar modificacións que desvirtuasen a súa autoridade. O verdadeiro desafío visual non era rachar co anterior, senón integrar a cifra 25 dun xeito orgánico e natural para crear un conxunto con absoluta coherencia.







